This file is indexed.

/usr/share/aptitude/mine-help-gl.txt is in aptitude 0.6.6-1ubuntu1.

This file is owned by root:root, with mode 0o644.

The actual contents of the file can be viewed below.

 1
 2
 3
 4
 5
 6
 7
 8
 9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
                            Buscaminas para Curses

  No Buscaminas preséntaselle un taboleiro que contén certo número de minas
ocultas. En cada turno ten que destapar un ou máis cadros para que amosen o
seu contido; para gañar debe deducir a localización de cada mina sen
destapar unha. Pode poñer "bandeiras" no taboleiro para lembrar onde están
as minas; os cadros con bandeira non se poden destapar mentres non se lles
quite a bandeira. Gaña cando tódolos cadros sen mina estean destapados.

  Ao destapar un cadro que contén unha mina ha perder o xogo inmediatamente.
Ao destapar un cadro que non contén unha mina háselle amosar o seu contido:
un número que indica cantas minas hai nos cadros veciños a ese cadro. Se non
hai minas veciñas a un cadro, destápanse automaticamente tódolos cadros
veciños.

  Para desprazar o cursor polo taboleiro empregue as teclas das frechas. Ao
premer "f" ponse ou quítase unha bandeira na posición actual do cursor. Ao
premer "Intro" nun cadro tapado hase destapar. Ao premer "Intro" nun cadro
destapado que ten exactamente tantas bandeiras veciñas coma minas veciñas
hase facer que se destapen tódolos cadros que rodean a ese cadro (teña en
conta que se cometeu un erro ao poñer as bandeiras, ha perder cando o faga).

  Para comezar un novo xogo, prema "n".

  Pódense gravar e cargar os xogos se preme "s" e "L", respectivamente, e
despois escribe o nome do ficheiro no que quere gravar ou do que quere
cargar o xogo.

  Para saír, prema "q".